ALCALDÍA

Máis de 300 emprendedores de 88 viveiros reúnense en Compostela

04/10/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o II Encontro Nacional de Viveiristas, que se celebra no Palacio de Congresos os días 4 e 5 de outubro.

O evento reúne en Santiago a máis de 300 emprendedores que teñen a súa empresa instalada nalgún dos 88 viveiros cos que as Cámaras de Comercio contan en toda España. Durante este Encontro fomentarase o intercambio de experiencias entre os empresarios, co propósito de mellorar a súa competitividade e favorecer súa consolidación no mercado.

Durante o evento facilitarase a interacción entre os emprendedores. Para iso estableceranse reunións bilaterais, nas que os empresarios poderán explorar áreas de interese común, como a posibilidade de ampliar a súa gama de produtos, iniciar novas vías de negocio, realizar promocións conxuntas, desenvolver marcas comúns, contratar servizos, establecer alianzas, fomentar a internacionalización das empresas, compartir soporte tecnolóxico… Ademais, contarán co asesoramento de consultores expertos.

Compartir: