ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recoñece o labor da Policía Nacional para facer de Santiago de Compostela unha cidade segura

04/10/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de entrega de condecoracións da Policía con motivo da Festividade dos Santos Anxos Custodios.

Sánchez Bugallo tivo unhas palabras de recoñecemento para os funcionarios da Policía Nacional, aos que agradeceu e felicitou polo seu "excelente labor". "Estamos afeitos a uns estándares de seguridade absolutamente extraordinarios. O que noutras cidades só é unha noticia breve aquí sae en portada. Isto dá idea do excelente traballo dos corpos de seguridade que operan en Santiago e do seu labor de coordinación, o que sen dúbida conleva un mellor servizo público á cidadanía", indicou.

Compartir: