TRANSPORTES

Carlos Nieves participa nunhas xornadas sobre o financiamento do transporte público

25/09/2010 A ponencia do concelleiro de Transportes de Santiago versou sobre a experiencia a nivel local.

O Concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, en calidade de membro da Comisión de infraestructuras e transportes da FEMP, expuxo como representante dos concellos españois a ponencia "Reflexións sobre a financiación do transporte público nas entidades locais", no marco das Xornadas sobre financiamento do transporte público celebradas o día 24 de setembro na cidade de Pamplona.

O concelleiro baseou a súa intervención en 5 piares fundamentais: as políticas restritivas do vehículo privado; a mellora da velocidade comercial; as políticas tarifarias oreintadas a unha "xustiza social"; a optimización na xestión das flotas, percorridos, etc; e un maior grao de implicación das empresas operadoras.

O edil compartiu mesa con Benito Bermejo, subdirector de Xestión, Análise e Innovación do Transporte Terrestre (representante do Ministerio de Fomento) e José Manuel Pradillo Pombo, director xerente do Consorcio de Madrid e representante da mesa de autoridades do transporte.

Compartir: