CULTURA E AUDITORIO DE GALICIA

Alexander Anissimov dirixirá á Real Filharmonía de Galicia no concerto de Reis

03/01/2006 O Auditorio de Galicia acollerá o xoves 5 de xaneiro ás 21.00 horas o tradicional concerto de Reis ofrecido pola Real Filharmonía de Galicia. Inícianse así os actos de celebración do décimo aniversario da Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago.

O director Alexander Anissimov será o encargado de dirixir á formación compostelá e aos solistas Vasily Ladyuk, barítono e Irina Krikunova, soprano, que interpretarán varias arias do Don Giovanni de Mozart, así como do Barbeiro se Sevilla de Rosiini; de Gounod "Walpurgis Night" (Ballet escena de Fausto) e de Chaicovsqui unha selección da ópera Eugene Onegin.

Alexander Anissimov
Alexander Anissimov é actualmente director emérito da Orquestra Sinfónica Nacional da RTE, Irlanda, director principal da Orquestra Sinfónica Nacional de Belarus, director principal da Ópera Rostov-on-Don, e, desde o ano 2005, director principal da Filharmónica Busan de Corea. Alexander Anissimov estudou en San Petersburgo e en Moscova con Gennady Roshdestvensky. Debutou en Leningrado coa Marinsky Philarmonia Orchestra. En 1980 converteuse en director principal do Teatro Bolshoi en Minsk.
É principal director invitado da Ópera Kirov e a Filarmónica de San Petersburgo. No período 1995-2001 foi principal director invitado da RTE Nacional Symphony Orchestra, en Irlanda, antes ser nomeado director emérito desta formación. Alexander Anissimov dirixiu na Ópera de Kirov, coa Leningrad Philharmonic, Bolshoi Theatre Moscow, Warsaw Philharmonic, Lithuanian Nacional Symphony Orchestra, Hungarian National Symphony Orchestra, Houston Grand Opera, San Francisco Opera, Teatro Colon Argentina, State Opera of South Australia, Orchestra of St. Cecilia, Roma, Opera Venezia en La Fenice, Opera Genoa, Hannover Staatsoper, Hamburg entre outros lugares e formacións.
O 30 de xaneiro de 2005 dirixiu en Dublín o concerto en memoria dos nenos da escola nº 1 de Beslan, coa National Youth Orchestra de Irlanda, en defensa da Asociación Irlanda-Rusia. No 2001 recibiu o doutoramento honoris causa en música concedido pola Universidade Nacional de Irlanda.

Compartir: