BENESTAR SOCIAL

O Concello renova a súa colaboración coa Fundación Secretariado Xitano

23/09/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director-xerente da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández, asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega á ONG 19.700 euros para o desenvolvemento das actividades enmarcadas dentro do programa Acceder, dirixido á poboación xitana do municipio de Santiago de Compostela.

Este convenio ten por obxecto estabelecer os termos da colaboración entre as partes asinantes para levar a cabo o desenvolvemento das actividades que se enmarcan dentro do "Programa Acceder" , dirixido a poboación xitana do municipio de Santiago de Compostela. A prioridade do Programa Acceder e o acceso da poboación xitana o mercado laboral, favorecendo así a igualdade de oportunidades para os xitanos/as.

Obxectivos xerais do programa
1.A cualificación profesional e o acceso de xitanos e xitanas a profesións e empregos por conta allea, atendendo as súas demandas dacordo as ofertas de contratación por parte das empresas.
2.O achegamento e adaptación dos servizos xerais de formación profesional e emprego ós xitanos e xitanas desempregados, para que podan acceder a eles como o resto de cidadans e cidadanas.
3.A xeración de iniciativas de emprego protexido e o asesoramento no proceso de autoemprego e creación de empresas solventes e competitivas no mercado laboral actual.
4.A sensibilización sobre os prexuízos e prácticas discriminatorias das que os xitanos e xitanas son vítimas, así como a mellora progresiva da súa imaxe social.
5.A xeneralización de políticas máis activas para a poboación xitana con obxecto de mellorar efectivamente as súas condicións de vida e garantir a igualdade de oportunidades no seu acceso a bens e servizos públicos.

Actividades do programa
O programa emprega unha metodoloxía baseada nas necesidades e expectativas individuais incluíndo varios tipos de actividades e realizando itinerarios individualizados cara ao emprego a través da orientación e a formación.

1.Orientar, formar e insertar laboralmente

•Captación de persoas xitanas e sensibilización sobre a necesidade de iniciar procesos de orientación, formación e búsqueda dun emprego
•Orientación, asesoramento e seguimento: elaboración dun diagnóstico individual e realización de tutorías, o establecemento de itinerarios individualizados cara o emprego e o seguimento das distintas fases que atravesa cada persoa usuaria do programa.
•Accións de derivación e seguimento de accións formativas normalizadas.
•Accións de posta en marcha de actividades de preformación e formación profesional específica para a poboación xitana

2.Prospección e intermediación no mercado laboral

•Accións centradas no analise de postos de traballo e búsqueda de emprego.
•Accións de apoio á contratación, facilitando información e asesoramento técnico.
•Accións de acompañamento ao mercado de traballo.
•Acordos de colaboración con empresas para a realización de escenarios de formación vinculada a práctica empresarial (firma de convenios con empresas).
•Accións de apoio a iniciativas de emprego protexido e empresas de inserción.

3.Promoción de politicas pro-activas dirixidas a poboación xitana:

•Formación de profesionais da intervención social e organización de foros de debate e reflexión.
•Accións de sensibilización. Desenvolvendo tres campañas de sensibilización social: "Conócelos antes de juzgarlos"," Tus prejuicios son las voces de otros", y " El empleo nos hace iguales"

Os destinatarios das actividades reflectidas son persoas do municipio de Santiago de Compostela derivadas polos servizos sociais de atención primaria deste Concello, así como as persoas que acoden libremente como resultado do proceso de mediación anteriormente descrito. Neste último caso, porase en coñecemento dos servizos sociais de atención primaria esta circunstancia, co obxecto de lograr unha adecuada coordinación na planificación das actividades programadas por esta entidade.

O Concello de Santiago de Compostela e a Fundación Secretariado Xitano, en consonancia coa filosofía da diversidade, da igualdade social e da integración, teñen o propósito de dar estabilidade á colaboración que se vén producindo de maneira continuada entre ambas as dúas entidades, dado que a complexidade dos problemas sociais require da implicación de distintos colectivos no camiño de conseguir a xustiza e a igualdade social.

Compartir: