OBRAS

Os veciños de Pontepedriña xa contan con anovado centro sociocultural e "local das avoas"

18/09/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inauguron unha das primeiras obras con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local que se rematan: a de remodelación do Centro Sociocultural de Pontepedriña e o coñecido como Local das Avoas, ambos ubicados no grupo de vivendas Cardela Quiroga.

Sumando os investimentos realizados tanto no Local das Avoas coma no Centro Sociocultural de Pontepedriña acádase a cifra de 134.340 euros, cantidade na que se inclúe o novo mobiliario.

No Local das Avoas procedeuse á redistribución interior do mesmo, co obxecto de obter un vestíbulo de acceso, un salón comedor, unha cociña, un aseo adaptado, un vestiario-ducha adaptado, unha sala de caldeira e un ximnasio. En total, o local contará agora cunha superficie útil de 134,06 metros cadrados.

En canto ao centro sociocultural, destinado ao seu uso pola Asociación de Veciños Cardeal Quiroga, tamén se efectuou a redistribución interior do mesmo, para habilitar as seguintes estancias: vestíbulo de acceso, aula polivalente, despacho, dous aseos adaptados (masculino e feminino), un cuarto de caldeira, unha sala de informática e unha biblioteca. En total, 132,67 metros cadrados de superficie útil.

Compartir: