BENESTAR SOCIAL

O Parque Eugenio Granell acolle un encontro interxeracional de xogos tradicionais

17/09/2010 A Concellería de Benestar Social do Concello de Santiago pon en marcha este sábado, a través do programa Educación de rúa, unha iniciativa novidosa que busca unir os maiores cos máis pequenos a través da práctica de xogos tradicionais.

O parque Eugenio Granell convertirase, entre as 11:00 e as 14:00 horas, no escenario no que diferentes xeracións xogarán xuntos a xogos tradicionais da xeografía galega, alguns coñecidos como a chave, a billarda ou bolos e outros menos practicados como as tiradeiras ou o encanistrador.

Con esta iniciativa, ademais de pasar unha mañá agradable e entretida, preténdese que non se perdan as vellas tradicións transmitíndoas aos máis novos da casa. Tamén haberá tempo para facer xogos de puntería, de forza, de coordinación e de cooperación, iso si, xuntos os pequenos cos maiores.

Compartir: