CULTURA

A Fundación Granell e o museo Bellapart colaboran nunha exposición sobre a arte española no exilio dominicano

16/09/2010 Hoxe,16 de setembro, ás 19:30 horas, a Fundación Granell inaugura a exposición "Asimilación y traslados, arte español en el exilio dominicano (1939-1960)". A mostra componse dunha escolla dos fondos da colección Bellapart, depositada no museo comesmo nome, sito na cidade de Santo Domingo, na República Dominicana. O acto de inauguración, será presentado pola Directora da Fundación Eugenio Granell,
Natalia Fernández Segarra, coa presenza de Juan José Bellapart, Paula Gómez – Directora do Museo Bellapart-, Emilio Vicente Pérez-Fontal –Cónsul en Galicia da República
Dominicana-, e pechará o acto Xosé A. Sánchez Bugallo –Copresidente da Fundación Granell e Alcalde de Santiago de Compostela.

Esta mostra non sería posíbel sen a xenerosidade do museo Bellapart, patrocinador da mesma. O Museo Bellapart, primeiro museo de carácter privado do seu pais, fúndase no ano 1999, e conta cunha numerosa colección, que a familia Bellapart foi conformando dende os anos 60.

A mostra Asimilación Y traslados. Arte español e el exilio dominicano (1939-1960) é, en palabras da Directora do Museo Bellapart, una colaboración entre ambas instituciones que comparten desde su fundación, un marcado interés por divulgar la producción artística de los exiliados españoles en América, tanto dentro como fuera de sus espacios geográficos. É por isto, que a mostra esta composta dunha coidada selección dos ricos fondos cos que conta a Colección Bellapart, dedicada integramente á arte dominicana, a cal asimilou a obra dos artistas españois exiliados durante a súa estancia neste país, entre os anos 1936-1960. Así mesmo a Fundación Granell aportará varias obras da súa colección de arte surrealista a esta mostra.

A exposición está conformada por 38 obras entre pinturas e esculturas. A meirande parte son obras pictóricas, que se presentan en diferentes técnicas como a témpera, o gouache, ou o óleo e son aplicadas en diferentes soportes, como: papel, madeira, cartón...

Os artistas representados nesta exposición son: Eugenio Granell, representado cunha magnífica selección de obra da primeira etapa da súa traxectoria, Angel Botello Barros, Antonio Prats–Ventos, Joseph Gausachs, José Vela Zanetti, Francisco Vázquez, de alcume Compostela, y Vila Alonso, co alcume Shum.

Compartir: