DEPORTES

O Concello homenaxea os supercampións

15/09/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, encabezou a recepción institucional que o Concello ofreceu ao club de fútbol sala Lobelle Xacobeo, flamante campión da Supercopa de España.

O alcalde felicitounos polo título acadado e manifestou o seu orgullo en nome de toda a cidade. Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto a unha representación da corporación municipal, recibiu na Casa do Concello á plantilla, o corpo técnico e a directiva do equipo do Lobelle para darlles a noraboa polo triunfo acadado o pasado domingo 12, cando se impuxeron por 3 a 2 ao Ínter Movistar.

Así mesmo, Sánchez Bugallo, tras felicitar a todo o equipo, quixo resaltar a "seriedade e o traballo ben feito" e amosouse orgulloso de que o equipo leve o nome de Santiago polo mundo adiante.

Compartir: