PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Aínda quedan prazas libres para a realización do camiño a Fisterra

07/09/2010 O camiño a Fisterra, que se realizará en seis etapas, inclúese no programa Fai o Camiño Connosco, organizado pola Concellería de Participación Cidadá, que dirixe Guadalupe Rodríguez.

A primeira etapa realizarase este sábado, 11 de setembro, e as cinco restantes en vindeiros sábados, rematando o 13 de novembro.

Poden participar asociacións e cidadáns non asociados que estean interesados na proposta. O inicio de cada tramo será o punto de chegada do anterior. A viaxe de ida e volta realizarase en autobús, agás a ultima etapa de chegada a Santiago que será exclusivamente camiñando. As saídas serán as 9 horas e as chegadas están previstas aproximadamente as 19 horas.

Lugar de saída e chegada do grupo:
CASA DAS ASOCIACIÓNS
Rúa Manuel Beiras, nº 3 (antiga estación de Cornes)
Teléfono: 981 542 350

Compartir: