TRANSPORTES

O horario de inverno do transporte urbano arranca o venres 10 de setembro

06/09/2010 Dende o vindeiro 10 de setembro entrarán en vigor como cada ano os horarios de inverno no transporte urbano, tal e como indicaron o concelleiro Carlos Nieves, e o xerente de Tussa, José Ramón Mosquera.

Para a confección destes novos horarios de inverno, tivéronse en conta dúas premisas fundamentais: por un lado, e como resultado das enquisas realizadas o pasado ano, preténdse dar saída ás principais peticións dos cidadáns, centrando os cambios tanto na adecuación dos horarios aos tempos reais das liñas (para facer máis fiable o servizo) como para atender aos centros xeradores e atractores de viaxeiros; en segundo lugar, a empresa municipal TUSSA concretou pequenos cambios para continuar co proceso de optimización dos recursos, iniciado o pasado ano.

Cómpre ter en conta que o Concello de Santiago está en pleno proceso de licitación do PMUS (plan de mobilidade sostible), que a bo seguro adecuará a rede de transporte ás distintas transformacións que se están a facer na cidade.

Os principais cambios que se levarán a cabo na nova rede son os seguintes:

Liña 1:
Nova viaxe "hospital Clínico – polígono do Tambre" ás 6.30 h. Esta nova viaxe plantéxase para poder acceder ao polígono do Tambre antes das 7.00 h, favorecendo deste xeito as posibilidades de mobilidade en transporte público dos traballadores e usuarios do mesmo.

Liña 2:
De luns a venres, modificacións lixeiras (entre 5 e 10 minutos) de 5 servizos:
*Rocha Vella – estación de autobuses: de 8.00 h a 13.00 h (cada 60 min.); ás 13.50 h, 15.10 h; e de 16.00 h a 22.00 h (cada 60 min.)
*Estación de autobuses – Rocha Vella: de 8.30 h a 12.30 h (cada 60 min.); ás 13.20 h, 14.45 h, 15.35 h; e de 16.30 h a 21.30 h (cada 60 min.)

Liña 5:
Modificación da frecuencia os sábados e domingos desde as 18.00 horas, pasando a ser cada 40 minutos. Tal e como se mencionaba ao principio desta nota, pretendemos facer máis fiables os horarios, adecuando os tempos de recorrido á situación real da cidade.

Liña 6:
Froito das distintas peticións e as análises realizadas nesta liña, co comezo dos horarios de inverno, todos os servizos terán como cabeceira o barrio de San Marcos, en lugar do hotel Apóstol Santiago. Así mesmo a liña 6 reforzará a estación de autobuses os domingos e festivos previos aos días lectivos. (Servizos da liña 6 en dirección centro cidade que entran os domingos á estación de autobuses: de 19.00 h a 22.30 h cada 30 minutos).

Liña 12:
Reaxuste na estrutura horaria (sen modificar servizos iniciais nin finais), para deste xeito adecuar os servizos ao tempo real de percorrido.

Liña 13:
Aumento de servizos a Casas Novas: 1 o sábado pola tarde e 3 o domingo ao longo do día:
*NOVOS: (sábados pola tarde):
Saídas do Romaño por Casas Novas: 17.00 h, 19.00 h e 21.00 h.
Saídas das Cancelas por Casas Novas: 17.30 h, 19.30 h e 21.30 h.
*NOVOS: (domingos e festivos)
Saídas do Romaño por Casas Novas: 11.00 h, 13.00 h, 17.00 h, 19.00 h e 21.00 h.
Saídas das Cancelas por Casas Novas: 11.30 h, 13.30 h, 17.30 h, 19.30 h e 21.30 h.

Liña C4: Inclúese a prolongación por Cantaleta igual que o ano pasado.

Liña C6:
Atrásanse todas as saídas en 5 minutos para facilitar o acceso ao autobús das persoas que saen do traballo no polígono ás horas en punto. Así:de luns a venres laborables: de 8.05 h a 22.05 h (cada 60 min.); Sábados: de 8.05 h a 15.05 h (cada 60 min.).

Liña C9:
Reaxuste de horarios (axuste á realidade do percorrido), sen modificar servizos iniciais nin finais.

Liña C11:
Reaxuste de horarios (axuste á realidade do percorrido). A frecuencia pasa de 12’ a 15’ de luns a sábados. Todos os servizos da liña C11 irán por Viso e multiusos. Deste xeito adecuase o horario á realidade da cidade.

Liña P1 (San Roque – Figueiras):
Os horarios de luns a venres laborables quedan segundo o cadro que se achega (modificacións respecto aos anteriores horarios resaltadas en negriña).
Saída San Roque Saída Figueiras
6:45 7:00
7:25 7:45
8:05 8:30
9:10 9:30
10:00 10:30
11:00 11:30
12:00 12:30
13:05 13:30
14:00 14:20
14:40 15:10
15:40 16:10
16:40 17:10
17:40 18:10
18:40 19:10
19:40 20:10
20:40 21:10
21:40 22:10
22:40 23:00

Esta adecuación faise debido á excesiva carga horaria que tiñan os servizos do mediodía, non se rebaixa en ningún caso o número de expedicións.

Liña P2 (Ortoño):
De luns a venres laborables: auméntanse as relacións de mobilidade no servizo da tarde que remataba na praza de Vigo e que agora vai continuar á estación de autobuses. Reorganización de horarios, co mesmo número de expedicións nos dous sentidos.
Novos horarios de luns a venres:
*estación de autobuses – Ortoño: 7.35 h 9.15 h 11.15 h 13.15 h 14.45 h 16.10 h 17.40 h 19.10 h 20.30 h e 22.15 h
*Ortoño – estación de autobuses: 7.00 h 7.20 h* 8.00 h* 8.10 h 10.15 h 12.15 h 14.00 h 15.30 h 17.00 h 18.25 h 19.50 h 21.15 h 22.45 h
(*só ata a praza de Vigo)

Liña P5 (Son):
O autobús que tiña saída de Son os xoves ás 10.00 h pasa ás 9.00 h.

Liña P7 (Peregrina - Grixoa):
Mantense o novo servizo a Grixoa que se iniciou este verán: saída de Porta do Camiño ás 10.30 h, de luns a venres.

Para coñecer toda a información poden consultar a páxina web www.tussa.org. Ademais editaranse 30.000 folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios a partir desta mesma semana nos propios autobuses, nas oficinas de TUSSA, na estación de autobuses, na oficina de Atención ao Cidadán e na casa das Asociacións.

Así mesmo, nos vindeiros días e nas zonas que teñan algunha modificación, resaltaranse os cambios nas marquesiñas do transporte urbano das zonas implicadas nos cambios.

Lembramos que agora mesmo estase a traballar na instalación do novo SAE (sistema de axuda á explotación) e 12 novos postes informativos.

Así mesmo, lembramos que a empresa operadora Tralusa ten á súa disposición o teléfono 901 120 054 os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, teléfono no que lles poderán informar de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada.

Compartir: