CULTURA

Blusens Televisión será a plataforma multimedia en internet de "Curtocircuíto"

10/08/2010 O Festival Internacional de curtametraxes Curtocircuíto terá, por segundo ano consecutivo, a Blusens Televisión, www.blusens.tv, como plataforma multimedia en internet deste certame que organiza a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais.

En 2009, o incremento do tráfico e o tempo supuxo un aumento do 200%, co plus de que Blusens Televisión achega un dos modelos de emisión máis seguros no mercado, protexendo os contidos antes descargas ilegais, e permitindo aos autores unha exhibición de alta calidade tanto para contornas dun computador persoal como dende os dispositivos de fogar conectados á rede.

Emisión das curtas finalistas
Curtocircuíto tamén porá dispoñibles a través de Blusens Televisión todas as curtas finalistas nunha canle exclusiva durante 30 días, que estará accesible en aberto para todos os usuarios que queiran gozar destas producións.

Javier Barberá, responsable de Blusens Interactive, mostrou a súa satisfacción porque "Curtocircuíto volva a apostar pola nosa plataforma. O carácter internacional e creativo do certame vai en liña co perfil de Blusens Televisión e grazas a este acordo ampliamos a oferta de contidos de valor, como son esta achega de Curtocircuíto, para todos os nosos usuarios".

Compartir: