ALCALDÍA

O alcalde agradece a contribución de "Música en Compostela" ao crecemento da cultura musical da cidade

09/08/2010 Como cada ano por estas datas, os alumnos e profesores dos Cursos Internacionais Música en Compostela, pasaron por Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Son xa 53 anos "enchendo os veráns de Santiago de Compostela, tempo no que temos disfrutado da compañía de grandes mestres da música e de milleiros de alumnos", recordou Sánchez Bugallo. Recordou o "revulsivo" que estes Cursos Internacionais supuxeron no seu momento e expresou o seu orgullo por "como creceu a cultura musical da cidade".

O alcalde expresou a súa "gratitude" aos organizadores de Música en Compostela durante todos estes anos. Aos alumnos desexoulles o "máximo éxito no camiño da música, que non é fácil", e que nos seus recordos quede a estancia na cidade".

Compartir: