BENESTAR SOCIAL

O alcalde visita o mercadiño solidario da Praza de Abastos

22/12/2005 Xunto á concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, Sánchez Bugallo visitou na mañá do xoves 22 o mercadiño solidario promovido polas asociacións do Consello Municipal de Servizos Sociais.

A Praza de Abastos acolle desde o 15 de decembro aun mercadiño solidario organizado por un grupo de organizacións pertencentes ao Consello Municipal de Servizos Sociais. Este mercadiño ten por obxectivo a sensibilización cidadá sobre as distintas problemáticas socio-sanitarias existentes no noso entorno.

O mercadiño manterase inicialmente durante todo o Nadal e estará aberto martes, xoves e sábados, de 9.30 a 13.30, a excepción do primeiro día de apertura, mañá xoves, que comezará ás 10.00 horas.

Os composteláns poden atopar nel produtos feitos por persoas con discapacidade, así como información dos programas que desenvolven as diversas asociacións que colaboran nesta iniciativa.

Compartir: