ALCALDÍA

O novo campo de fútbol de San Lázaro terá en breve herba artificial

31/07/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, asinaron en Raxoi dous convenios de colaboración: un para a montaxe de herba artificial no campo de fútbol de San Lázaro e outro para obras de saneamento e bombeo no lugar de Rochiña (Son de Abaixo).

O primeiro dos convenios permitirá dotar de herba artificial ao novo campo de San Lázaro, situado entre as rúas Penamaría e San Lázaro, a carón do SERGAS. A Deputación da Coruña financiará o custo de execución da obra, 340.000 euros. O Concello encargarase do procedemento de contratación da obra.

Cómpre lembrar que este campo ten dimensións regulamentarias (65 por 105 metros) e dará servizo principalmente aos clubs Amio e Vitoria.

Polo que se refire ao saneamento e bombeo en Rochiña (Son de Abaixo), o custo da obra será de 169.301,40 euros, dos que a Deputación da Coruña achegará 135.441,12 euros (80%).

Compartir: