ALCALDÍA

Unha delegación da cidade turca de Diyarbakir visita o Concello

22/12/2005 Na Casa do Concello o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a unha delegación de Diyarbakir, cidade de maioría kurda situada no sudeste de Turquía, encabezada polo seu alcalde, Abdullah Demirbas.

O mércores 21 de decembro unha delegación kurda da cidade de Diyarbakir Sul visitou a Casa do Concello, onde foron recibidos polo alcalde compostelán, Sánchez Bugallo, e o primeiro tenente alcalde, Néstor Rego. O alcalde de Diyarbakir Sul, Abdullah Demirbas, estivo acompañado por Ahmet Tanboga, Ahmet Velli Tekin e Songul Göksu.

Compartir: