ALCALDÍA

Lista en Pontepedriña a terceira residencia pública para maiores da cidade

28/07/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a nova residencia da terceira idade de Pontepedriña, construída pola Fundación José Otero-Carmela Martínez. Precisamente, o seu promotor acompañou ao alcalde no percorrido polas instalacións, levantadas nunha parcela cedida polo Concello e que xestionará a Xunta.

A Fundación doou a Santiago este edificio, que se converte na terceira residencia pública da cidade, coas de Porta do Camiño e Volta do Castro. A estas hai que sumarlle as dúas privadas de Outeiro do Castiñeiriño e San Lázaro. E non só construíu a residencia, senón que José Otero e a súa dona contribuirán enconomicamente á conservación do edifico e das instalacións a partir do segundo ano e durante 20 anos, cunha cantidade de 30.000 euros anuais.

A residencia ten capacidade para 150 prazas e unha superficie útil de máis de 8.000 metros cadrados. O orzamento, sen mobiliario, foi de 5,8 millóns de euros. O deseño do edificio, singular, é obra do arquitecto César Coll.

Compartir: