EDUCACIÓN

Setenta alumnos e alumnas da Escola Municipal de Verán de Inglés fixeron o último tramo do Camiño de Santiago

23/07/2010 A Escola Municipal de Verán de Inglés 2010 English Summer School, organizada pola Concellería de Educación, fixo un pequeno tramo do Camiño de Santiago con motivo deste ano Xacobeo, dende a capela do Monte do Gozo.

Ao igual que o fixeran 95 alumnos/as con idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos o 9 de xullo, nesta ocasión foron 70 nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

Os nenos/as sairon do IES Rosalía de Castro en autobús ás 9:00 horas e trasladáronse ata o Monte do Gozo. Unha vez alí realizaron unha serie de xogos e actividades e, a partires das 11:30 horas, iniciaron a camiñata acompañados por profesores/as da Escola e dun equipo de Protección Civil ata a praza do Obradoiro. Alí foron recibidos pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón.

Esta actividade forma parte do programa de actividades complementarias que se organizan dentro desta Escola de Verán de Inglés. Nelas pódense citar as visitas ás exposicións e talleres da Fundación Caixa Galicia, Fundación Caixa Nova, Fundación Torrente Ballester, Exposición "Aire" do parque da Alameda, visita didáctica á Casa do Concello así como actividades deportivas e xogos.

Compartir: