ALCALDÍA

Lembrando a Alejandro Pérez Lugín no escenario da súa obra máis ilustre

21/07/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á rolda de prensa de presentación do libro 70 anos do Premio Alejandro Pérez Lugín, que repasa a traxectoria deste galardón xornalístico, convocado pola Asociación da Prensa da Coruña.

O acto, celebrado na Casa da Troia, serviu tamén para convocar a LXX edición do Premio, dotado con 3.000 euros e un elemento artístico acreditativo. Ata o 29 de novembro de 2010 poderán presentarse os traballos, que deberán versar sobre "Xacobeo, periodismo no Camiño". O fallo do xurado coñecerase en decembro.

Compartir: