EDUCACIÓN

Visita ao Concello dun grupo de alumnos e alumnas da Escola de Verán de Inglés

20/07/2010 Seguen as actividades académicas e paralelas da Escola de Verán de Inglés. No marco destas últimas, un grupo de alumnos e alumnas visitaron o Concello, acompañados por dous dos seus monitores.

A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, deulles a benvida a Raxoi e comentou cos rapaces e rapazas a súa experiencia na Escola de Verán de Inglés. Logo, os alumnos puideron coñecer as principais estancias da Casa do Concello, iso si, aproveitando tamén para seguir practicando o seu inglés.

Compartir: