CIDADE

O xefe da Casa Real, designado delegado rexio na Ofrenda de Traslación

21/12/2005 Segundo comunicou onte a Casa Real ao alcalde de Santiago.

O rei Juan Carlos de Borbón designou ao xefe da Casa Real, Alberto Aza Arias, como Delegado Rexio na Misa Solemne da Ofrenda Nacional de Traslación dos Restos do Apóstolo Santiago, que se celebrará na Catedral de Santiago o vindeiro día 30, ás 11.30 horas.

O alcalde compostelán, recibiu onte, martes 20 de decembro, a comunicación da devandita designación.

A cerimonia da Traslación celébrase o 30 de decembro de cada ano en recordo do lexendario traslado dos restos do Apóstolo Santiago desde o porto de Jaffa (Xerusalén) ata as costas galegas, onde foron desembarcados no peirao de Iria Flavia (Padrón).

Compartir: