ALCALDÍA

O concello asina un convenio co Colexio La Salle para regular o uso da dársena do centro

21/12/2005 O alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, Miguel Zamora Martín, representante da Congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás, e Ángel-Jesús Hernando Benito, director do Colexio La Salle, asinaron o mércores 21 un convenio para regular o uso da dársena de autobuses ubicada no patio deste centro.

En maio de 2000, o concello asinara un "Convenio urbanístico para a construción dun aparcadoiro público no patio do colexio La Salle", aprobado no Pleno, no que xa se prevía a construción dun aparcadoiro de vehículos e unha dársena para autobuses no patio de La Salle.

Neste convenio estabelecíase que o uso da dársena de autobuses se destinaría con carácter preferente ao centro, mentres que o Concello a podería empregar "con carácter público sen alterar ou afectar o dereito de preferencia do colexio La Salle", compensando este uso con 150.253’03 euros.

Documentos relacionados



Compartir: