DEPORTES

O Triatlón Arcade Inforhouse segue sumando éxitos para o deporte compostelán

14/07/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi os integrantes do Club Triatlón Arcade Inforhouse, que veñen de proclamarse campións da Liga Nacional de Clubs.

Sánchez Bugallo felicitou ao Club polo traballo que realiza dende hai anos e polos seus últimos títulos. O último conseguino en Ferrol os pasados 19 e 20 de xuño, data na que se fixo co título da Liga Nacional de Clubs na categoría masculina. O terceiro posto de Iván Raña, e os bos tempos dos seus compañeiros Antón Ruanova, Alberto Trillo, Brais Canosa, Roberto Barral, Rubén Bouza, Emilio Lousa, Javier Nercellas e Juan Jesús Barral fixeron posible o título.

Compartir: