EDUCACIÓN

Amplíase a matrícula para a segunda quincena de xullo da Escola de Inglés

12/07/2010 A Escola Municipal de Verán de Inglés 2010 English Summer School, organizada pola Concellería de Educación do Concello de Santiago ofrece prazas para participar na segunda quincena do mes de xullo. Ábrese entón o prazo de matricula para aquelas familias que estean interesadas en que os seus fillos/as participen neste programa.

Poden participar na Escola de Verán de Inglés nenos e nenas de 1º de primaria a 2º da ESO. Estas inscricións faranse por orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello e auxiliares e terán carácter preferente os empadroados en Santiago de Compostela. O prezo da quincena é de 100 euros, se ben se aplicará un desconto do 20% aos solicitantes que acrediten ser familia numerosa ou ser o segundo ou posterior membro que participen na Escola.

Documentos relacionados



Compartir: