EDUCACIÓN E MOCIDADE

Nadalxogo, nova cita cos rapaces no tempo de Nadal

20/12/2005 Unha nova edición de Nadalxogo, espazo de lecer para os rapaces da cidade convertido xa nunha cita tradicional do Nadal, comezará a desenvolverse desde o martes 27 de decembro ata o mércores, 4 de xaneiro, no Multiusos Fontes do Sar.

Unha ampla oferta de obradoiros, teatro, contacontos, ou deportes, todas actividades aptas para as distintas idades estarán a disposición dos público infantil e xuvenil todos os días, agás o 31 de decembro, en horario de 17.00 a 21.00 horas.

O custo da entrada é de 2 euros para os nenos/as de catro a dezaseis anos de idade, mentres que os adultos acompañantes teñen o acceso de balde.

Ao igual que en pasados anos, Nadalxogo ofrece tamén actividades específicas para o tramo de idade de entre 2 e 5 anos, cun espazo propio e un programa orientado a súa inesgotable inventiva: taller de plástica, aparellos de xogo, parque infantil de tráfico.

Nadalxogo conta tamén nas súas instalacións con carrusel de cabaliños, pista de coches de choque, inchables para pequenos e mozos e o tren da bruxa.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: