ALCALDÍA

Recoñecemento a Muebles Compostela por 25 anos de patrocinio do ciclismo santiagués

09/07/2010 O alcalde compostelán, Xosé. A. Sánchez Bugallo, presidiu en Raxoi un acto de recoñecemento a Muebles Compostela cando se cumpren 25 anos de patrocinio desta empresa ao Club Ciclista Compostelán. O Concello, o Club e a Federación Galega de Ciclismo quixeron agradecer este labor de mecenado.

Na súa intervención, Sánchez Bugallo, dirixiu o seu agradecemento aos responsables de Muebles Compostela por este longo patrocinio, especialmente nuns tempos nos que é tan complicado atopar apoios empresariais para o deporte. Tamén felicitou aos novos ciclistas por facer deporte e máis un deporte duro coma o ciclismo.

Logo dos diferentes discursos, houbo unha entrega de agasallos, na que participaron os máis novos corredores do Club. O presidente deste, Nemesio López, entregoulle aos propietarios de Muebles Compostela unha reprodución do Apóstolo; o presidente da Federación Galega, Sabino Cortizo, deulles un maillot da selección galega e o alcalde un exemplar do Códice Calixtino.

Compartir: