URBANISMO

Emuvissa urbanizou solo para case 3.700 vivendas protexidas en 2009

08/07/2010 A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, indicou que a Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) é unha empresa que se autofinancia, presenta na actualidade un notable equilibrio financeiro que se reflicte nun fondo de manobra positivo de 3 millóns de euros, non ten risco de liquidez e non ten débedas con entidades de crédito. "Nestes tempos esta é una inmellorable nova que non gusta aos que non miran polo interese xeral da cidade nin se preocupan polas políticas de vivenda social", engadiu.

No ano 2009 a actividade da empresa abarcou unha superficie de 1,8 millóns de metros cadrados, dos cales, un 47% foi urbanización e xestión de solo para usos industriais co resultado de 842.000 metros cadrados urbanizados, isto é, 270 parcelas. E un 53% foi solo urbanizado para usos residenciais ou en proceso de urbanización, que supoñen 990.000 metros cadrados para 4.970 vivendas; o 74,3% das mesmas son vivendas de protección: 2.771 vivendas rematadas e en construción; 2.199 en preparación de solo.

O 25,7% restante foi solo para vivendas libres cun total de 1.712 vivendas, das que un 86% están rematadas e en uso por outras tantas familias (1.469). O resultado do exercicio foi positivo e despois de impostos elévase á cantidade de 394.457,34 euros.

Respecto ao programa, cumpriuse o 110% do programado, excepto os traballos que precisaban tramitación do planeamento como A Pulleira, Formarís e o polígono 3 de Costa Vella, que tamén estaban programados no 2008 e que aínda están pendentes de informe da Xunta.

A sociedade multiplicou por 10 o seu capital social e por 30 as reservas propias dende a súa creación; non só é una empresa rendible e sostible por si mesma, sen crédito algún, nin achegas municipais, senón que está cumprindo a súa función principal de preparar solo para vivenda protexida en todos os réximes, podendo ter oferta para a demanda das familias con menos capacidade económica e garantindo o dereito constitucional a acceder a una vivenda digna. "Os que non teñen esta prioridade como obxectivo non queren que continúe o labor de Emuvissa e desexan que sexa o mercado o que estableza o prezo da oferta sen ter en conta a capacidade real de todos os que compoñen a demanda de vivenda e no só dos que poden adquirir una vivenda libre", apuntou Mercedes Rosón.

Compartir: