CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS

Vite e Santa Marta serán das primeiras áreas nas que entrará en vigor a nova ordenanza reguladora do aparcamento

06/07/2010 Tal e como se comprometeu o alcalde cos veciños, Vite e Santa Marta serán das primeiras zonas nas que se poña en funcionamento a nova Ordenanza Reguladora do Aparcamento, na que se prioriza o uso das prazas dispoñibles por parte dos residentes.

De acordo con esta ordenanza, os veciños de Santiago, segundo a súa área de residencia, terán a posibilidade de obter unha tarxeta que lles permitirá o uso de determinado número de prazas reservadas no seu sector correspondente.

O motivo polo que se reducen prazas de aparcamento nestas áreas tras as obras de reurbanización é a instalación de servizos, así como a mellora da seguridade viaria, o que redundará en beneficio non só dos veciños das zonas referidas, senón de todos os composteláns.

Na avenida de Castelao, redúcense 47 (18,8%), polo que quedan un total de 203 prazas de aparcamento. En Rosalía de Castro redúcense 16 prazas (14,5%), quedando un total de 94; e en Galeras elimínanse 39 (20%), polo que permanecen 151 prazas de aparcamento.

Compartir: