ALCALDÍA

O alcalde agradece ao Corpo Nacional de Policía a súa contribución a facer de Santiago unha cidade segura

06/07/2010 O Corpo Nacional de Policía realizou un acto conxunto no que se presentaron os Grupos Operativos Especiais de Seguridade (GOES) e se entregaron os diplomas de recoñecemento a xubilados da Xefatura Superior de Policía de Galicia.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto, celebrado na praza do Obradoiro, e agradeceu á Policía a súa contribución para que Santiago sexa hoxe unha cidade segura. Valorou o traballo dos xa xubilados e, aos novos, desexoulles éxito nas súas tarefas.

Compartir: