TRANSPORTES

TUSSA aproba a actualización das tarifas do transporte urbano

02/07/2010 O Consello de Administración de TUSSA, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou a actualización das tarifas do transporte urbano.

Os membros do Consello acordaron finalmente que o bono ordinario permitirá viaxar a un prezo de 0,60 euros, e o bono escolar a 0,40 euros. No caso do bono mensual, o custo mantense nos 26 euros. En canto ao billetes, o ordinario pasa de 0,90 a 1 euro, e o escolar permanece nos 0,55 euros.

O concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, tiña explicado con anterioridade que as tarifas de transporte urbano na súa totalidade permanecían invariables dende 2007, e os bonos dende 2006.

As tarifas 100% bonificadas manterán a súa condición de gratuidade. Con esta medida, o 27,04 % do total de usuarios do servizo de transporte urbano da cidade, ou o qué o mesmo, 2.060.406 viaxeiros, non sufriría suba algunha. O transbordo dentro dos bonos da rede será tamén de balde, ao igual que o bono de transbordo e o de pensionista, que xa o eran.

En canto aos sistemas bonificados actualmente (bono ordinario, escolar e mensual) a porcentaxe de usuarios que se acolleron a algún tipo destas tarifas en 2009 foi do 42,66% (3.250.203 usuarios).

Documentos relacionados



Compartir: