PERSOAL

Recepción aos traballadores xubilados do ano 2005

19/12/2005 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na mañá do luns 19 de decembro aos tres traballadores do Concello que se xubilan este ano.

O músico Manuel Fernández Pereira, o policía Antonio Zas Botana e o uxier Aniceto González xubílanse este ano. Con tal motivo, o alcalde compostelán, Sánchez Bugallo, e unha representación da corporación municipal recibíronos o luns 10 de decembro na Casa do Concello. Á recepción asistiron uns vinte traballadores do Concello xubilados en anos anteriores.

Compartir: