URBANISMO

A rúa Frei Rosendo Salvado, aberta de novo a vehículos e peóns

19/12/2005 A inauguración da reurbanización das rúas Ramón Cabanillas e Frei Rosendo Salvado tivo lugar o sábado 17 de decembro.

A rúa Frei Rosendo Salvado está aberta outra vez á circulación de veículos e peóns. Á inauguración da reurbanización desta rúa, que contou cun orzamento de 595.803 euros, sumouse a da rúa Ramón Cabanillas, onde se investiron 438.835 euros, e a de Fernando III, que contou con 391.994 euros.

Ao acto da reurbanización do Ensanche acudiu, ademais do alcalde, unha representación da corporación municipal.

Compartir: