XUNTA DE GOBERNO

Iníciase a licitación da obra da nova escola infantil de Salgueiriños

23/06/2010 A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, aprobou o proxecto e iniciou a contratación das obras da futura escola infantil de Salgueiriños. Tamén se iniciou o expediente de contratación da segunda fase do proxecto de restauración do Monte de Deus.

O importe da licitación das obras da escola infantil de Salgueiriños, a de maior capacidade coa que contará a cidade, é de 966.379 euros. Esta contratación forma parte das actuacións incluídas no Programa Urbana Santiago Norte, cofinanciado pola Unión Europea con cargo aos fondos FEDER.

Tamén no marco do Urbana, deuse o visto bo á licitación da segunda fase do proxecto de restauración do Monte de Deus, neste caso cun tipo de licitación de 123.577 euros. Ademais, na mesma sesión iniciouse o proceso de contratación do Servizo de Dinamización Social, Igualdade de Oportunidades, Formación e Educación de colectivos en risco de exclusión

Programa para atención a inmigrantes
En materia de Benestar Social, aprobouse a sinatura dun convenio entre o Concello e a Secretaría Xeral de Emigración para o programa de información, orientación e inserción sociolaboral para inmigrantes extracomunitarios neste municipio para o ano 2010. A Xunta achega a cantidade de 60.000 euros e o Concello, 30.000.

Compartir: