CIDADE

O centro de recursos da Asociación Down Compostela xa ten a súa primeira pedra

16/12/2005 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu xunto ao Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, á ao acto de colocación da primeira pedra do centro de recursos da Asociación Down Compostela no barrio de Conxo.

O alcalde compostelán, Sánchez Bugallo, xunto ao Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, colaborou esta mañá cos nenos con síndrome de Down de Compostela no acto de colocación da primeira pedra do futuro edificio que esta asociación está empezando a construír na zona de Conxo, na capital galega.

O Concello de Santiago asinou o pasado 24 de outubro de 2004 un convenio coa Asociación para a Síndrome de Down de Compostela mediante o cal o Concello cedía o dereito de uso a título gratuíto á Asociación Síndrome de Down de Compostela unha porción da parcela denominada R-8 do Plan parcial do SUP-4 de Conxo. A cesión deste uso outorgábase por un período de trinta anos prorrogábel desde a sinatura deste convenio.

Compartir: