EDUCACIÓN

Xornada de convivencia das escolas infantís no Centro de Interpretación do Medio Rural

22/06/2010 A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou o Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela (Figueiras). Alí celebrábase unha xornada de convivencia das escolas infantís municipais.

Ao longo desta xornada, os nenos e nenas das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas, acompañados polas súas mestras e familias, participaron en diversas actividades: roteiro pola parroquia de Figueiras, visita a unha granxa e contacontos con Anxo Moure.

Compartir: