ANO SANTO

Lladró entrega ao Concello a figura de Santiago Peregrino con motivo do Ano Santo

17/06/2010 Con motivo do Ano Santo 2010, a empresa valenciana Lladró, actualizou a súa imaxe do Santiago Peregrino a modo de conmemoración do evento.

A presidenta da firma, Rosa Lladró, quixo facer obsequiar ao Concello con esta figura e entregoulla á concelleira Mercedes Rosón en presencia do xoieiro compostelán Camilo Regueira.

Lladró, avalada por unha longa experiencia en creación de figuras de porcelana, editou esta nova serie de Santiago Peregrino, cuxas cen primeiras unidades contarán cunha calca conmemorativa deste Ano Xacobeo.

Non é a primeira vez que a firma valenciana rende homenaxe ao Apóstolo. No ano 1993, Lladró entregou un exemplar da peza Santiago Apóstolo ao entón presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne. Tamén destaca, entre outras, a
creación da peza O Pai Tempo, coa que Lladró participou na celebración da Capitalidade Europea de Santiago de Compostela hai dez anos.

A nova edición de Santiago Peregrino está elaborada en gres, material que aporta calidez á peza pola súa tonalidade terrosa, e o seu acabado mate permite un variado cromatismo grazas ao uso de esmaltes.

Compartir: