AUDITORIO DE GALICIA

Manuel Valdivieso dirixe á RFG nun concerto familiar con sons sudamericanos

16/12/2005 Este sábado 17 de decembro ás 19 horas é unha ocasión para o achegamento dos pais con seus fillos a escoitar unhas obras na que o protagonista é o bandoneón, un instrumento da familia dos acordeóns cun son moi particular. Os nenos menores de 14 anos poderán asistir gratis

O sábado 17 de decembro ás 19.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a dirección do mestre Manuel Valdivieso, interpretará un concerto familiar con aires sudamericanos, no que se escoitará unha selección da obra de Darius Milhaud, Saudades do Brasil; e de Astor Piazzola o Concerto para bandoneón "Aconcagua" e Tangos.

Contarase como solistas a Pablo Mainetti (bandoneón), Lluis Vidal (piano) e Horacio Fumero (contrabaixo).

O prezo da entrada é para os adultos de 9€ e para os nenos menores de 14 anos gratis.

Este sábado é unha ocasión para o achegamento dos pais con seus fillos a escoitar unhas obras na que o protagonista é o bandoneón, un instrumento da familia dos acordeóns cun son moi particular.

A obra de Milhaud, Saudades do Brasil, foi composta entre 1920 e 1921, na súa dobre versión para orquestra e para piano so. Está organizada como unha suite de 12 danzas que toman o seu título de distintos barrios de Río de Xaneiro. Destas doce danzas se interpretará unha selección.

Se ben a produción musical de Astor Piazzolla (1921-1992) xira inevitabelmente en torno ao tango, a súa actitude inconformista e a súa permeabilidade lévano a transgredir os límites do canon popular, non sen levantar airadas polémicas sobre o proceso de estetización ao que o somete, facendo do "tango novo" a expresión máis universal do imaxinario sonoro arxentino despois da voz de Carlos Gardel. No concerto desta noite escoitaremos os tangos Decaríssimo, Invierno porteño, Adiós nonino, Milonga del ángel e La muerte del ángel.
A singularidade de Piazzolla reside non tanto no proceso de reelaboración de patróns de inspiración popular, como na súa capacidade para manter un perfecto equilibrio entre as raíces tangueiras, a tradición "culta" europea e o jazz que dá como resultado o orixinal produto transcultural Bautizado como

"Aconcagua" polo editor Aldo Pagani por consideralo a obra cume de Piazzolla o Concierto para Bandoneón, foi composto en 1979.

O bandoneón é un instrumento da familia dos acordeóns que emite as súas voces, sucesiva ou simultaneamente, pola vibración de dous sistemas de lengüetas metálicas—canto e baixo—respectivamente aloxados no interior de dúas caixas acústicas de madeira nas que van dispostos os teclados, provistas de aire a presión e unidas por un fol de cartón, badana e accesorios de metal. Inventado en Alemaña […] foi levado a Bos Aires por algún inmigrante descoñecido. Alí, o bandoneón transformouse no instrumento esencial do tango cuxo son escuro se acoplou inmediatamente ao carácter melancólico do tango.

Compartir: