EDUCACIÓN

Mamá Cabra na sede da Fundación Caixa Galicia

15/12/2005 O venres 16 de decembro ás 18 horas actuará o grupo musical infantil Mamá Cabra que terá lugar na Sede da Fundación Caixa Galicia o venres 16 de decembro ás 18 horas.

Mamá Cabra é un grupo de música infantil formado por cinco músicos: batería, frautas e gaita, baixo eléctrico, guitarra eléctrica e voz.

Para facer o seu repertorio baseámonos en poemas de Gloria Sánchez, Ana María Fernández, Concha Blanco, Antonio García Teijeiro, etcétera, aínda que tamén teñen cancións propias e temas adaptados ao folclore galego.

Nas súas actuacións buscan a participación dos rapaces propoñendo xogos como: imitar os xestos, facer acompañamentos rítmicos sinxelos, repetir un pequeno retrouso, e rematamos presentando os instrumentos que empregamos dunha maneira lúdica e divertida. Actualmente temos tres traballos publicados, un é "Cantos rodados", que consta dun libro xigante, un CD con dez cancións e un vídeo; "Cantando cantando", un almanaque musical que propón unha canción para cada mes do ano escolar, editados os dous en Primerapersona de A Coruña e "Tan só con leres un libro" un CD rom con cancións, fichas, ilustracións para colorear, partituras, etc., dirixido tamén ó eido educativo e editado por Discmedi de Barcelona. A idea é que a música sirva de escusa para aprender vocabulario, poesías, rimas, expresión instrumental, música popular, acompañamento rítmico, etc. sempre dende un enfoque lúdico, divertido e sobre todo participativo.

A maior parte dos temas xurdiron de poemas de escritores galegos como Antonio G. Teijeiro, Ana María Fernández, Helena Villar e Xesús Rábade e David Otero. No CD pódense escoitar dez pezas, nove cancións e unha jota galega escrita polo acordeonista Diego. Son cancións nas que os xestos, o xogo dramático o ritmo e as letras serven para falar de oficios, dos días da semana, dos números, etcétera, reforzando á vez o aspecto rítmico e musical.

Non é un traballo dirixido únicamente ao eido escolar, é un traballo con música, dirixido a todos aqueles que saben "cómo cambia todo cantando", explican Mamá Cabra.

Compartir: