DEPORTES

X Trofeo de Kárate "Cidade de Santiago"

09/06/2010 O sábado 12 de xuño celebrarase en Santiago, no Pavillón Municipal de Santa Isabel, o X Trofeo de Kárate "Cidade de Santiago", que organiza a Agrupación Deportiva Galaika coa colaboración da Concellería de Deportes.

Como ven sendo habitual, este campionato dividirase en dúas modalidades: kata e combate, sendo necesario ter cumpridos os 14 anos para poder participar. O prestixio xa recoñecido deste evento a nivel galego fai posible que se reúna na cidade unha gran parte dos mellores competidores destas modalidades, estando prevista unha participación próxima aos 100 deportistas pertencentes a 19 clubs de toda a Comunidade.

A competición iniciarase ás 16:00 horas, co seguinte programa:

- De 16:00 a 17:00 horas, modalidade de Kata
- De 17:00 a 19:30 horas, modalidade de Combate

Ás 19:30 horas, aproximadamente, entrega de trofeos aos mellor clasificados.

Compartir: