A Avogacía española realiza a súa tradicional "Peregrinación da Toga"

04/06/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao Consello Xeral de Avogacía Española, que celebra o seu pleno en Santiago. Ademais, aproveitando este Ano Santo, os profesionais da Avogacía realizaron a súa tradicional "Peregrinación da Toga".

Máis de 300 profesionais e expertos do ámbito da Avogacía de España e algúns países de Europa están en Compostela para participar en diversos actos, que inclúen o propio Pleno, a imposición das medallas ao mérito da Avogacía, a xunta directiva da Confederación Española de Avogados Novos e a xunta de goberno da Mutualidade Xeral da Avogacía.

Sánchez Bugallo recibiu os participantes neste encontro pouco antes de que estes realizaran a tradicional "Peregrinación da Toga", na que todos, vestidos coas súas togas, realizaron un breve percorrido ata a Catedral. Alí asistiron posteriormente á Misa do Peregrino.

Compartir: