ALCALDÍA

O Xacobeo 2010 estará presente en 20 millóns de envíos e 400.000 tarxetas postais

01/06/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na presentación do selo e da moeda cos que Correos e a Casa da Moeda conmemoran en 2010 o Ano Xacobeo. O acto estivo presidido polo ministro de Fomento, José Blanco, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Co selo do Xacobeo realizaranse co mesmo 20 millóns de envíos e repartiranse 400.000 tarxetas postais, segundo indicou o presidente de Correos, Alberto Lafuente. A estampa, xa en circulación, reproduce a silueta dun peregrino fronte á Catedral e o logo do Xacobeo.

A moeda, acuñada en prata, ten un diámetro de 40 milímetros e un prezo ao público de 51,04 euros. Sacarase unha tirada de 10.000 unidades. No anverso figura a efixie do Rei Juan Carlos, rodeada circularmente pola lenda "Juan Carlos I Rey de España". Na parte inferior e entre dous puntos, aparece o ano de acuñación, 2010, rodeando os motivos e lendas unha gráfila de perlas. En canto ao reverso, destaca a imaxe do botafumeiro, mentres que por detrás unha liña ondulada simula un camiño, rematando nunha imaxe da Cateral. Ao seu carón, a lenda Xacobeo 2010.

Compartir: