EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Os Bombeiros realizaron un simulacro de intervención nun accidente de tráfico

28/05/2010 Os Bombeiros de Santiago realizaron un simulacro de excarceración e intervención nun accidente de tráfico, como práctica final dun curso con especialistas na materia no que participaron esta semana. Nesta experiencia, nunha parcela na Costa Vella, levaron a cabo os protocolos previstos para estes casos

Segundo explicou o cabo José Antonio Montero, a prioridade neste tipo de actuacións é atender a vítima e logo intentalo sacar do vehículo de xeito que sufra os menores danos posibles. Malia que están delimitados os protocolos para estes casos, indicou que "a vida real é distinta e ningún accidente é igual".

Considerou os Bombeiros de Santiago "preparados" para estas situacións, se ben "sempre hai que mellorar". Neste sentido, destacou a importancia da actualización permanente destes protocolos e puxo exemplos determinados novos vehículos no mercado, xa que "incorporan tecnoloxías distintas, de alta tensión, e crean problemas diferentes".

Compartir: