ALCALDÍA

O alcalde di que as cidades teñen que "competir en valores singulares e calidade"

26/05/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou en Madrid como relator na Xornada Territorio e Marketing, organizada por Mas Cuota e a Asociación de Marketing de España. A súa intervención levou como título "Accións globais de Marketing: o Xacobeo e a comunicación eficaz".

Sánchez Bugallo expuxo polo miúdo o caso do Xacobeo en termos de comunicación. En termos de marketing e de promoción das cidades, indicou que non cómpre esquecer que estas compiten entre si. Neste sentido e en referencia a Santiago, defendeu a necesidade de "competir en valores singulares e calidade".

Compartir: