RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

A II Asemblea Xeral de Origen España aprobará a Declaración de Santiago

26/05/2010 Origen España, a Asociación Española de Denominacións de Orixe, celebra os días 26-28 de maio a súa IIª Asemblea Xeral Ordinaria en Santiago. Os participantes foron recibidos en Raxoi.

Neste encontro danse cita máis de 40 consellos reguladores de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de produtos agroalimentarios de toda España. No marco da Asemblea Xeral aprobarase a Declaración de Santiago, que recollerá as inquedanzas e reivindicacións destes consellos reguladores.

Compartir: