CULTURA

Nova xornada de Curtocircuíto con cinco programas oficiais e un concerto

26/05/2010 O Festival Internacional Curtocircuíto ofrecerá o xoves 27 un total de cinco programas oficiais que, xunto o concerto do grupo Transilvanians, son as maiores atraccións para ese día.

Na competición oficial haberá Internacional 2, Explora 1, Internacional 1, Internacional 7 e Galiza 1. Pola noite, a partir das 21:30 horas, tempo para gozar da música de Transilvanians na Sala Nasa. Devotos da música tradicional xamaicana, combinan unha gran variedade de estilos como o ska, o reggae ou o soul, e conforman, cando menos, unha proposta orixinal no panorama musical actual.

Ademais, o Obradoiro Paleta Gráfica Codeco chega ao seu penúltimo día, polo que os asistentes ultiman os preparativos da curta que están a facer con todo o aprendido dende o luns.

Como todos os días, Curtocircuíto tamén celebra unha happy hour no Bar Garum e, a partir das 00:00 horas, o Festival reúnese no Ultramarinos.

Documentos relacionados



Compartir: