CONSORCIO

O Consorcio propón a adxudicataria do espectáculo dos Fogos do Apóstolo

25/05/2010 A mesa de contratación do Consorcio de Santiago decidiu propoñer a empresa Pirotecnia Caballer S.A. como adxudicataria do concurso da realización do espectáculo nocturno dos Fogos do Apóstolo. A proposta económica da empresa ascende a 356.360 euros, IVA incluído, o que supón unha baixa de 3.640 euros con respecto ao tipo de licitación.

Ao concurso público presentáronse cinco empresas do mundo da multimedia e da pirotecnia: a unión temporal de empresas formada por Caballer FX e Parente Fireworks, Aira Multimedia, Pirotecnia Caballer S. A., GPD e Ricardo Caballer S. A.

A adxudicación do concurso implica a realización do espectáculo do 24 de xullo e do 31 de xullo e, como novidade este ano, a repetición do mesmo os días 25 a 30. Tamén, inclúe o espectáculo do fin das festas o 31 de xullo, na escalinata do Campus Sur.

Compartir: