CULTURA

Curtocircuíto continúa a súa semana oficial con Cuba como país protagonista

25/05/2010 Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago, chega ao seu ecuador cargado de curtametraxes tanto da competición oficial como dos programas paralelos.

Ás 19:00 horas, na Aula Sociocultural Caixa Galicia, poderase ver unha escolma das mellores curtas da Escola Internacional de Cine e TV de San Antonio de los Baños, cos traballos dos directores máis novos e talentosos da última década. Completando a programación paralela, tamén na Aula Caixa Galicia, proxectarase unha selección de videoclips musicais internacionais.

A programación para o público novo chega ao seu fin recibindo a nenos de entre 14 a 18 anos, dende as 10:00 horas no Teatro Principal. 1.210 nenos acudiron dende o luns ás proxeccións que o Festival lles preparou. Ademais, como todos os días ata o venres 27, Juan Lesta seguirá impartindo o obradoiro Paleta Gráfica Codeco na USC.

En canto á competición oficial, nesta xornada de martes haberá outros sete programas: Internacional 4, Internacional 5, España 2, España 3, Internacional 3, Internacional 6 e España 1. Como todos os días, poderase gozar da happy hour no Bar Garum. A xornada rematará no Ultramarinos a partir das 0.00 horas.

Documentos relacionados



Compartir: