CULTURA

Cancélase o concerto de Benjamin Biolay

25/05/2010 A Concellaría de Cultura vese obrigada a cancelar o concerto de Benjamin Biolay ante a imposibilidade de negociar co artista ningún tipo de data para os vindeiros meses. Benjamin Biolay ía dar un concerto o domingo 9 de maio dentro do ciclo Sons da Diversidade, pero que o concerto tivo que suspenderse porque ao artista resultáballe imposible trasladarse a Compostela por mor da nube de cinza que afecta ao espazo aéreo nos últimos meses.

A partires dese día, dende a Concellaría de Cultura estívose negociando co artista unha nova data para o concerto, pero foi imposible chegar a un acordo por mor da axenda de Biolay. Deste modo, a Concellería vese obrigada a cancelar o concerto. Todos os que teñan unha entrada do mesmo poderán devolvela na mesma forma e pola mesma canle que a adquiriron.

Dende a Concellaría de Cultura laméntase profundamente as molestias que poida provocar esta cancelación, á que é allea, e pide desculpas polas mesmas. Seguirase a traballar para traer a Compostela as mellores músicas do mundo e, de ser posible retomar este concerto máis adiante, así se faría.

Compartir: