PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Cámara de Comercio inaugura un viveiro empresarial no Polígono da Costa Vella

15/12/2005 O 15 de decembro tivo lugar a inauguración do novo viveiro empresarial da Cámara de Comercio de Compostela, á que asistiu o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O obxectivo deste viveiro, que conta coa colaboración do Concello de Santiago, é a posta en marcha de proxectos empresariais que reúnan unha serie de criterios como son a viabilidade, creación de emprego ou carácter innovador. Trátase de facilitar aos xoves empresarios a súa entrada no mercado laboral e impulsar novas iniciativas empresariais na cidade.

O viveiro conta con 26 locais para emprendedores, tres salas de reunións, un espazo de secretaría, dous locais de administración, un de reprografía e informática, un almacén, dous arquivos, duas aulas, duas salas de espera e cinco aseos. En total, a superficie da parcela é de 2.351 metros cadrados, e a superficie total construída, de 1.599 metros cadrados.

No edificio poderán instalarse ata 56 emprendedores, nun viveiro que ten por obxectivo facilitar os primeiros pasos de novas empresas no mercado.

No viveiro colaboran, ademais do Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, Caixa Galicia, o Fondo Social Europeo e Incyde.

Compartir: