ALCALDÍA

Rematada a folga dos traballadores do servizo do lixo, a situación quedará normalizada ao longo de hoxe luns

24/05/2010 O Concello de Santiago quere expresar o seu agradecemento aos cidadáns polo seu comportamento, comprensión e sacrificios durante a folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de retirada do lixo. Por isto mesmo, reitera as desculpas polas molestias que a folga lles causou durante estes 13 días.

O Concello tamén comunica que, durante a fin de semana, os operarios de Tragsa e da empresa concesionaria procederon á retirada de boa parte dos residuos acumulados, polo que ao longo de hoxe luns estará a situación plenamente normalizada.

Compartir: